A Asociación de Veciños, o Centro Cultural e Recreativo e a partires do ano 2000, a Asociación de Consumidores e Usuarios encóntrase dento da Parroquia de Beade, esta comprende máis de 745 hectáreas do Concello de Vigo suavemente inclinadas nunha das vertentes do Val de Fragoso, atravesadas polos ríos Xerxas, Mao, Babio e Quintián. A súa situación xeográfica a converte nunha verdadeira atalaia dende a que se divisa a cidade de Vigo e as Illas Cíes.
O topónimo Beade provén do nome persoal Beatus (Beati), que faría referencia ás terras da propiedade de Beatus. A primeira referencia escrita da parroquia dara de 1160, rexistrando a documentación da igrexa de Beati. O control administrativo das terras de Beade, xunto ás de Zamáns, correspondeu a partir de 1371 ao Cabildo de Tui. Tras séculos de descenso continuado da poboación, a causa da enfermidade endémica, guerra e hambrunas, prodúcese unha recuperación a fins do século XVI, reflictíndose na constución da igrexa actual. No seu atrio encóntrase un interesante cruceiro, de orixe descoñecido que foi intalado na súa ubicación actual en 1854.
En 1982 comezou a construción do edifico do Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade, contando la actualidade cunhas magníficas instalacións, entre as que se atopan un Auditorio de 500m2 distribuídos en dúas prantas, con 375 butacas, dous camerinos con capacidade para 15 persoas cada un, un bo equipo de luz e son con 12 focos e un canón de 100W de potencia. Unha sala de televisión con 48 asentos, cafetería, despachos, aulas insonorizadas, biblioteca con varios postos de lectura, aula de informática, cociña, parque infantil e ludoteca.