Co frio e inverno chega unha das celebracións onde os máis cativos son os protagonistas, o Nadal, no CSCR de Beade tense en conta a importancia destas datas, decorando o centro coa ábore do Nadal, chea de cores, adornos e regalos, e o nacemento do neno Xesús, que nos dan a benvida en canto entramos no edificio.
Todos estes días de celebración e paz fan que sexan unhas datas perfectas para a Rondalla amenize as rúas coa súa música, a Coral cante panxoliñas e o resto de agrupacións fagan que a festa esté presente.
Os máis cativos, teñen un papel moi importante nesta celebración, que se achegan con gran ilusión a xunto as maxestades os Reis Magos que nos veñen a visitar e darlle doces a todos os nenos e nenas que se portaron ben durante o ano, e carbón para os máis trastes e fedellos. Así todos os nenos e nenas da parroquia poden sentarse no colo do seu Rei preferido e pedirlle os agasallos que semanas antes pediron nunha carta que eles recibiron en Oriente. Unhas datas especias cheas de alegría e ilusicón que fan que comezamos o próximo ano con bo pé.