O domingo 29 de maio 2022, a Asociación de veciños de Beade organiza a IV Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A entrega do dorsal e chip farase o venres no Decatlhon de Puxeiros e nas instalacións da asociación de veciños de Beade o mesmo día da carreira de 10:00h a 16:00h.

O prezo da inscrición será de 8€ (10km) e 6€ (5km - non clasificatoria para o circuíto Runrunvigo) aberta ata o 28 de maio. En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo  a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira iseta de maneira ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal. Haberá avituaallamento en 5km aproximadamnete e ao finalizar a carreira. Será imprencindible levar posto o dorsal para recibir avituallamento. 

O control de tráfico no recorrido corresponde á Policía Local.

 Establécense as seguinte categorías:

FEMININAS MASCULINAS ANO DE NACEMENTO
F-0 M-0 Entre 1999-2006 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1979-1998 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1969-1978 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1959-1968 (ambos incluídos)
F-4 M-4 1958 ou anteriores

 

A organización porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas no colexio Coutada-Beade e aparcadoiro en dito centro ata as 9:45h, a partir desa hora nos arredores da igrexa. 

As carreiras dos nenos e nenas serán a partir das 11:30h:

CATEGORÍAS DISTANCIAS  
Alevín 1,2 km 2011-2009
Benxamín 600 m 2013-2014
Prebenxamín 600 m 2015-2016
 Cadete 4,2 km 2007-2008
Infantil 4,2 km 2009-2010
Pitufos 600 m 2017 e posteriores

 

Inscrición: Na secretatia do CSCR de Beade e na web https://magmasports.es/es/eventos/run-run-vigo-2022

Máis información: https://www.runrunvigo.com/

Colaboración: