O sábado 1 de xuño do 2019, a Asociación de veciños de Beade organiza a VIII Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de Champion Chip Norte. Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A entrega do dorsal e chip farase o venres no Decatlhon de Puxeiros e nas instalacións da asociación de veciños de Beade o mesmo día da carreira de 10:00h a 16:00h.

O prezo da inscrición será de 8€ (10km) e 6€ (5km - non clasificatoria para o circuíto Runrunvigo) aberta ata o 28 de maio. En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo  a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira iseta de maneira ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal. Haberá avituaallamento en 5km aproximadamnete e ao finalizar a carreira. Será imprencindible levar posto o dorsal para recibir avituallamento. 

O control de tráfico no recorrido corresponde á Policía Local.

 Establécense as seguinte categorías:

FEMININAS MASCULINAS ANO DE NACEMENTO
F-0 M-0 Entre 2000-2003 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1980-1999 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1970-1979 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1960-1969 (ambos incluídos)
F-4 M-4 1959 ou anteriores

 

A organización porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas no colexio Coutada-Beade e aparcadoiro en dito centro ata as 16:00h, a partir desa hora nos arredores da igrexa. 

As carreiras dos nenos e nenas serán a partir das 16:30h cunha distancia a recorrer de 4.200m infantís e cadetes, e 1200m os pre benxamín, benxamín e alevín.

CATEGORÍAS  
Alevín 2008-2009
Benxamín 2010-2011
Prebenxamín 2012-2013
 Cadete 2004-2005
Infantil 2006-2007

 

Inscrición: Na secretatia do CSCR de Beade e na web https://championchipnorte.com/evento/inscribirme/id/1822/viii-carrera-popular--fiesta-de-la-cereza--run-run-vigo

Máis información: https://championchipnorte.com 

Colaboración: