O domingo 29 de maio 2022, a Asociación de veciños de Beade organiza a IV Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A entrega do dorsal e chip farase o venres no Decatlhon de Puxeiros e nas instalacións da asociación de veciños de Beade o mesmo día da carreira de 10:00h a 16:00h.

O prezo da inscrición será de 8€ (10km) e 6€ (5km - non clasificatoria para o circuíto Runrunvigo) aberta ata o 28 de maio. En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

Leer más...