A Asociación Xuvenil de Beade está composta por xoves con idades comprendidas de entre os 14 e os 30 anos. Realiza unha labor para implicar a todos os xoves da parroquia en actividades tanto culturais como deportivas.
Os actos que se organizan e se promoven dende este grupo son de variada índole e entre eles podemos destacar: cursos de formación como de automaquillaxe ou repostería creativa, campionatos e torneos de Play Station, desfiles de moda, obradoiro de manualidades, actuacións musicais, saídas culturais, etc.