O Grupo de Teatro Tarantela naceu no ano 1999, formado maioritariamente por mulleres da Parroquia, unidas polo seu amor ao arte da interpretación. A primeira obra representada por este grupo é Mordeme dirixida por un dos membros do propio grupo e estreada o 17 de Xuño do 2000 no Centro Cultural de Beade.
No 2002, estrearon a obra O complexo, un ano despois As Laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares, unha historia fantástica no xardín de Anxa e Elías, que os sorprenderá a eles e máis a todos os veciños, onde suceden unha serie de feitos extraordinarios arredor dun limoeiro que non dá precisamente limóns. E A tía lambida de Eduardo Blanco Amor, na que a tía Lambida é unha boa veciña. faladeira e traballadora que nunha tarde recibe as visitas duns cantos veciños,cada quen co seu problemas. Seguindo con clásicos da literatura galega, no 2005 representaron Os vellos non deben namorarse de Alfonso R. Castelao.
No ano 2007 estrean a obra Vostede ten ollos de muller fatal , de Enrique Poncela, adaptada e dirixida por Eva Vila. Un ano despois reaparecen coa obra O pasado e o presente, onde recollen as vivencias dos membros do grupo.
O 20 de Marzo de 2011, representaron O cadáver do señor García, de Enrique Jardiel Poncela, baixo a dirección de Mónica Costas.
Coa actual directora Rocío Salgado transportámonos a época romana coa obra O achado do Castro de Manuel Núñez, comedia cunha duración aproximada de 90 minutos, o 3 de Decembro de 2016 estrearon a obra Un cadaver ás Dez no auditorio do CSCR de Beade cun gran éxito. Actualmente representan a comedia A terapia do Doutor Menguele, unha obra adaptada do texto orixinal La maté porque era tuya de Jorge Moreno.