A Rondalla do CSCR de Beade nace en 1996 cunha formación de 89 membros e D. Hermitos Posada Comesaña como Director, de Capitán D. Aurelio Costas Guiadanes e actuando como profesor abanderado D. Marcelino Barreiro, para dar resposta á necesidade de cubrir o baleiro existente do Centro Cultural de Beade da manifestación máis popular da música da rúa, propia da época do Nadal e co obxectivo que o seu nome indica: facer as rondas típicas do anuncio do Nadal.
Dende a súa fundación ten participado en numerosos certames: nos do Concello de Vigo (que se celebran a primeiros de Xaneiro), no Concello de Mos, Gondomar, Porriño, etc. Obtendo na súa traxectoria diversos premios como en 1997, 2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2011 no Concello de Vigo e o 3º Premio no II Certame de Rondallas no IFEVI este ano 2019 aos abandeirados; o 1º Premio á Agrupación Musical nos anos 2004, 2005, 2008; o 3º Premio tamén a Agrupación Musical nos anos 2003,2006 e 2011.
Cristos, pandereitas, castañuelas, charrascos, bombos, caixas, maracas, botellas de anís, cunchas, gaitas, paus de ferrinchas, ata trompetas, saxofóns, clarinetes, tubas, bombardinos, trombóns, etc. Forman a instrumentalización que caracteriza a esta agrupación sendo moi variada e particular, onde resaltan os instrumentos realizados de forma artesanais polos propios compoñentes da Rondalla.
A través da historia da formación, e sucedendo aos seus fundadores citamos algunhas das persoas que foron pasando polos distintos cargos da súa organización; como Marcos Álvarez, Irisi Álvarez, Puri Cabaleiro, etc. Actualmente a Rondalla está formada preto das oitenta e dúas peroas, entre os 5 e os 70 anos. O director é Adrián Gregores a capitana Leticia Prado Gonzalez e dos abanderados Noelia García Caride e Santiago Garrido.