Nos inicios da década dos 80 nace o grupo musical de Cordas Clásicas como consecuencia da inquendanza espertada nuns mozos e mozas que descubriu ao músico compostelán Adolfo Paz de Camps (ao pouco tempo de residir en Beade), que logo ía ser o fundador e director do grupo tomando como sede dos seus ensaios o Centro Cultural de Beade.

Adolfo Paz Camps comezou ensinado solfeo aos integrantes do grupo, pasando a continuación a instruilos no manexo e dominio dos instrumentos como a mandolina, laúd, violín ou guitarra. Así Cordas Clásicas convertéronse en pioneiros de todos os grupos musicais que existen hoxe na parroquia.

Aínda que nos seus inicios aprenderon prezas de fácil execución, grazas ao traballo frme de todos estes anos foron incrementado a dificultade tendo un repertorio moi variado no que teñen cabida pezas do período barroco como Andante Cantabile de Tartini ou Aria de Bach, ata outras obras de estilo máis desenfadado como algúns fragmentos da zarzuela A rosa de azafrán de Guerrero. Tamén con bastante frecuencia incorporan cancións da cultura popular galega como Negra Sombra de Montes ou Alborada de Veiga. 

Cabe destacar que os seus integrantes lograron éxitos insospeitados percorrendo escenarios de toda a xeografía galega, traspasando incluso as nosas fronteiras. Tanto traballo deu os seus froitos limitándose non só a aprendizaxe de obras de cariz instrumental, senón tamén puidendo colaborar con solistas vocais e conxuntos corais. 

Actualmente tomou a direción Ángeles Paz Silva, coa que seguiron sendo un grupo moi eficiente gravando incluso no 2001 un disco xunto a Coral Polifónica de Beade, onde se fixeron adaptacións de distintos obras como Alborada de Veiga ou El Rey Esteban de Beethoven. É importante ter en conta que o número de partituras que este tipo de agrupación dispoñe e moi escaso, o que supuxo un gran esforzo para conseguir tantos logros.