Os Xogos Intersociais dispútanse desde fai máis de trinta e cinco anos ente asociacións culturais e veciñais de Vigo e a súa área metropilitana, durante os meses de Outubro a Maio.

Consite nunha competición a modo de liga  por equipos dos diferentes centros culturais nas modalidades de varios xogos de mesa como o tute, a brisca, a basoira, o parchís, o mus, as damas e o xadrez. Na XXXVIII Edición no 2015-2016 a organización e a entrega de premios foi levada a cabo polo Centro Cultural de Beade, congregando a case douscentos xogadores e xogadoras dos colectivos de SCDR Helios de Bembrive, SCD Atlántida de Matamá, SVCD Nautilius, CRAC de Coruxo, UVCD de Candeán, CCAR de Valladares, AVCR San Mamede de Zamáns, CRC O Torreiro de Priegue e o AVCU-CSCR Beade.