A herdanza de cada un de nós non debe estar composta únicamente polo material. A sabedoría que ao longo dos anos imos adquirindo é un ben preciado innato que desenvolvemos a través da nosa propia experiencia e vivencias persoais, así canto máis anos temos más sabios nos convertemos e non temos porque deixar de ser activos.
Dende o ano 1999 o Centro Cultural de Beade ten en conta a impotancia de todos os sabios e sabias que forman a nosa parroquia, a Vogalia da Terceira Idade é un eixe esencial para que eles e elas teñan voz e voto e gocen de actividades específicas. Os obradoiros de risoterapia, musicoterapia, apoio para axilizar a memoria, alfabetización, excursións, torneos de cartas e xogos de mesa, manualidades de todo tipo ou aprender novas receitas de cociña, son algunhas das ofertas formativas nos que poden formarse tendo en conta as súas necesidades.
Recollendo as palabras de Castelao "O verdadeiro heroísmo consiste en converter os soños en realidades e as ideas en feitos", polo que non debemos centrarnos nas nosas limitacións, senon afrontar os retos que cada día nos van aparecendo no camiño. Así dende o AVCU-CSCR de Beade animámosvos a participar e axudar a que cada día sexa un novo comezo.