O colectivo feminino da Parroquia de Beade decidiu crear a Vogalia da Muller no cal defender os seus dereitos de forma individualizada e dar resposta ás necesidades que mostren.
Co apoio da Consellería de Igualdade e Benestar, as Mulleres de Beade que estén asociadas ou aquelas que están interesadas nas activivades do Centro Cultural, poden gozar dunha serie de obradoiros, excursións, festas... nas que elas son as protagonistas e as beneficiarias dos programas. Para romper asi coa desigualdade que tanto anos este colectivo sufriu e aínda sofre, e ir afloxando as cadeas que o sector feminino leva consigo tantos séculos.
Dende as máis cativas ata as que xa teñen lembranzas de moitos anos, teñen voz e voto á hora de facer deste mundo un lugar sen barreiras onde sexamos libres de ser como queremos e mostrarnos como somos sen discriminacións. Así dende Beade poñen o seu grao de area para que o cambio suceda, onde esa neta, filla, nai e avoa poidan seguir crecendo como cidadáns e que a parroquia de Beade sexa un exemplo de superación e igualdade.