Durante as vacación de Nadal podes vir ao noso Campamento, onde faremos manualidades, obradoiros de cociña, xogos, sesións de cine, cotillón Pre-Fin de Ano, merendola, e moitas cousas máis, nas que poden participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

 Se estas aburrida ou aburrido na casa e queres pasalo en grande durante o Nadal, non o dubides e reserva a túa praza, contamos con horario matinal dende ás 8:30h ata as 14:30h, sendo as actividades xerais a partir das 9:30h ata ás 13:30h. Inscricións na secretaria do CSCR de  Beade. 

O sábado máis próximo á noite de Samaín celebramos na ludoteca do CSCR de Beade esta terrorífica data.

Maquillaxe terrorífico, contacontos, xogos e facer a túa propia cabaza, serán algunhas das cousas que te esperan ao longo da mañá chea de diversión e ledicia para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.

Se queres participar só debes  inscribirte previamente na secretaría do CSCR de Beade e o día do obradoiro debes traer unha calabaza para vaciala e decorala.

 


Cando se celebra a Festa do Socio no Centro Cultural de Beade, na ludoteca lévanse a cabo a cabo  actividades, xogos, manualidades, globofexia, pintacaras... para os máis cativos. Así disfrutaran de a festa os maiores e o pequenos da casa. Se queres achegar aos teus fillos e fillas ao longo da maña deberás cubrir unha inscrición que podes conseguir previamente na secretaría do CSCR de Beade. 

 

Nos meses de vacacións de verán ten lugar o Campamento de verán do AVCU-CSCR Beade. Realizaremos obradoiros de manualidades e cociña, xogos, actividades deportivas, sesións de cine, festas temáticas, concursos... un conxunto de actividades lúdicas e dinámicas que esperamos que sexan do agrado dos máis cativos.

Dará comezo cas vacacións nos nenos e nenas a partir de xuño ata setembro de 9:30 - 13:30h con aula matinal dende ás 8:30 e ata ás 14:30h. A inscrición pode realizarse de maneira quincenal ou mensual, se tes dúbidas informate na secretaria do CSCR de Beade.