Queres que o teu debuxo sexa a imaxe da Edición deste ano da Feira - Festa da Cereixa? Mira as bases deste ano e participa.

 Poderán participar neste concurso todas as mozas e mozos entre 8 e 12 anos que pertenzan a parroquia ou colexios e IES de Beade e os que non sendo da Parroquia son socios/as ou fillos/as de socios/as do AVCU-CSCR de Beade.

Trátase como temática debuxar un cartel anunciador da XXXV FEIRA-FESTA DA CEREIXA DE BEADE, ou debuxo artístico co tema da cereixa.

A técnica do debuxo é libre, quedando a elección dos participantes, coa única limitación do seu tamaño máximo, que será de 50x40 e debuxado en "dirección vertical".

No reservo do cartel figurarán os datos persoais do autor/a, e no seu caso o curso e Centro Educativo ao que pertence.

A data tope para a presentación dos traballos será o  14 de Abril ás 13:00h.

Estableceránse os seguinte premios: 

  1. Primeiro premio: Cartel anunciador e convocanta da Feira-Festa da Cereixa 2017.
  2. Primeiro premio: Cartel artístico
  3. Segundo premio: Cartel anunciador
  4. Segundo premio: Cartel artístico
  5. Terceiro premio: Cartel anunciador
  6. Terceiro premio: Cartel artístico

Todos os participantes recibirán un pergamiño acreditativo pola súa participación, nun acto que se anunciará no programa da Festa.

O fallo do xurado calificador será anunciado no seu momento por este Centro.

A entrega dos premios farase no acto central da Feira.

Todos os carteis presentados estarán expostos ó público na sala de exposicións do CSCR de Beade dende o 15 de abril.