• Defender os intereses dos veciños e das veciñas, consumidores/as e usuarios, utilizando para iso os canles establecidos na legalidade vixente, tanto no ámbito territorial da Asociación como nos foros nacionais ou internacionais con especial incidencia no marco da Unión Europea.
• Promover o desenvolvemento dunha formación veraz e útil entre os veciños e veciñas, consumidores/as e usuarios.
• Fomento da educación dos veciños e das veciñas, consumidores/as e usuarios que desenvolven a súa capacidade optativa e decisoria.
• Coordinación dos plans de acción coas Organizacións para o mellor logro dos fins recollidos nos puntos a, b, e c.
• Colaborar coas organizacións membros no desenrolo do seus fins, prestándolles sen máis limitacións que as determinadas polos medios de que dispoña a Asociación: • Orientar e asesosar aos veciños e veciñas, consumidores/as e usuarios, a cantos problemas e iniciativas susciten; facilitar especialistas, técnicos, profesorado, etc.., para aquelas actividades encamiñadas ao mellor cumprimento dos seus fins e prestar axuda circunstancial, se así se acordara, ás Organizacións membras.
• Realizar estudos sobre todas as cuestións relacionadas co consumo e potenciación da calidade de vida dos cidadáns, para buscar as máis favorables mediante a colaboración coas entidades públicas e privadas relacionadas con estos temas.
• Entablar, manter relacións e obter a axeitada representación, en todos os organismos que incidan no campo de actuación da Asociación, colaborando con eles no beneficio dos intereses dos/as cidadáns/ás, consumidores/as e usuarios.
• Fomentar o asociacionismo dos/as cidadáns/ás, consumidores/as e Usuarios e a súa participación en temas e campos de interese xeral. Calquer outra finalidade dirixida a defender coa maior eficacia das organizacións membros, para un maior servizo dos/as cidadáns/ás, consumidores/as e usuarios, empregando para iso os medios que permitan a legalidade vixente.
• Participar nas Xuntas e órganos de Administración Pública, tanto locais, como autonómicas, nacionais ou internacionais nas que se debatan os intereses de consumidores/as e usuarios. • Fomentar a utilización racional dos recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade de vida, así coma defender e restaurar o medio ambiente.
O obxetivo preferente é fomentar o desenvolvemento de cantas actividades culturais, formativas, artísticas, deportivas, sociais ou recreativas contribúan á formación integral do individuo, e así á elevación dos niveis educativos e culturais da comunidade, así como do fomento da convivencia e da vida participativa da mesma, de acordo coas posibilidades das instalaciós de que se dispoña.
• Elevar o nivel de vida da comunidade atendendo todos os aspectos da súa realidade: económico, formativo, social, cultural, deportivo, rural e institucional.
• Prestar servizos sociais á comunidade nas diferentes áreas de benestar social.
• Fomentar a igualdade, solidariedade e participación social.
• Desenvolver programas socias que favorezan a participación e el benestar social das persoas que requiran do apoio dentro do contorno comunitario da Asociación.
• Programar e desenvolver actividades de interese veciñal, socioculturais, de convivencia de ocio e tempo libre, educativas, deportivas, socio laboral da cidadanía nos diferentes ámbitos da vida da comunidade.
• Promover e facilitar a participación da muller no ámbito cultural, laboral, social, político, e xurídico da sociedade.
• Cooperar coas institucións e Organismos que impulsen e axuden á promoción da muller na cultura, social, laboral, sanitaria, e familiar.
• Instar aos poderes públicos para que aseguren a protección integral da muller.
• Realizar no seno da Asociación as actuacións tendentes á asistencia, educación e cultura da muller e todas aquelas necesarias para a defensa da súa condición.
• Impulsar a incorporación da muller nun posto de traballo como medio de emancipación económica e persoal.
• Realizar cantas actividades lícitas pretendan a defensa dos dereitos da muller e tendan a terminar coa discriminación que sufre en todos os ámbitos.
• Mellorar as condiciones de vida e conseguir un maior benestar social, cultural, recreativo e de calidade de vida entre os asociados/as, así como a participación en todas as actividades para as que estén capacitados.
• Facilitar e promover as relacións humanas e sociais dos seus beneficiarios/as.
• Proporcionar aos membros asociados un espazo onde os maiores potencien as súas capacidades persoais, tanto técnicas ou tecnolóxicas (expresión corporal, dicción e memorización) así como a nivel persoal (autoestima),ao encontro e mellor atención das necesidades deste colectivo.
• Satisfacer as necesidades de participación e cooperación social.
• Organizar actividades de ocio e cursos de formación diversos sobre envellecemento activo e saudable.
• Fomentar as relacións, colaboración, intercambio e reciprocidade con outras Asociacións de Pensionistas ou da Terceira Idade.
• Satisfacer as necesidades dos nenos e nenas, nunha orde socializadora e educativa, facilitando o desenvolvemento harmónico da súa persoa.
• Facilitar información, formación e colaboración coas familias no proceso educativo e social dos fillos/as, impulsando á participación dos pais e nais nas actividades que realizan.