Unha das festas paganas máis populares galegas onde se conmemora o solsticio de verán a noite do 23 de Xuño son as Fogueiras de San Xoan. O  triunfo da oscuridade frente a luz e a calidade do verán, unha noite máxica na que todo pode suceder, as meigas pasean polas rúas, as herbas teñen  propiedades que o curan todo e espantan os malos espíritos e pedir desexos para que as lamas do lume as consuman. É unha noite esotérica na que  poder descubrir tesouros marabillosos, descifrar segredos e atraer a fortuna e o amor.

 No Centro Cultural de Beade, como en moitos lugares da terra meiga como é Galicia, é tradición celebrar a verbena de San Xoan cunha boa fogueira  que regarda todo o mal acumulado durante o ano, e gozar de bailes populares, fogos de artificio e degustar o manxar típico como é a sardiña asada. 

 Debido a súa orixe pagana esta noite é idónea para realizar rituais, prácticas e costumes trasmitidos de xeración en xeración, como realizar a agua de  San Xoan coa que lavar a cara a maña seguinte e así estar libre de enfermidades e mal de ollo. 

 Unha Festa na que invitamos a que todos e todas participen para dar a benvida ao verán.