O 20 de Marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de Maio de cada ano Días das Letras Galegas como data para recoller o latexo material da actividade intelectual galega, con motivo de celebrar o centenario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro. 

Máis de cincuenta anos despois segue vixente esta celebración na que a nosas palabras escritas son as protagonistas. Este ano 2017 adicase a Carlos Casares, nado en Ourense o 24 de Agosto de 1941 e finado na Ramallosa (Nigrán) no 2002. Foi unha figura contemporánea esencial da literatura galega que nos deixou grandes obras da literatura infantil como A Galiña Azul ou As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, obras narrativas como Vento Ferido ou Os mortos daquel verán, ou emblemáticas tradución como O principiño de Antoine Saint-Exupéry (1943).

No Centro Cultural de Beade, como todos os anos, celébrase este día tan importante na nosa cultura, realizando concertos, obras de teatro, actividades culturais de todo tipo para todos os públicos.