En 1997 foi a primeira vez que le levou a cabo a Festa do Socio, co obxectivo de crear un espazo de encontro entre todos aqueles axentes que conforman a Asociación de Veciños e Veciñas da parroquia de Beade. 

Coa celebración desta festa, preténdese homenaxear aos seus socios/as que ano tras ano fan que este centro siga funcionando grazas as aportacións das súas cotas, a participación nas actividades e colaboración nos proxectos que se desenvolven durante todo o ano. 

Dende a súa orixe ofrécese un xantar tradicional galego, como é unha ración de callos, continuando cun surtido de doces caseiros, convertóndose ao cabo dos anos nunha tradición anual dentro do cultural nos meses de outono.

Este encontro amenizado con música popular dos grupos de gaitas, pandereteiras ou cantareiras, axuda a crear un clima festivo para festexar a convivencia entre todos os veciños e veciñas. Así, esta festa é un día para disfrutar, homenaxear e agradecer a cada unha das persoas que fai que esto sexa posible.