Bases Concursos 2016

Como todos os anos durante a Feira-Festa da Cereixa levaranse a cabo unha serie de concursos para que todos os que queiran participar nas distintas categorías poderán gañar grandes premios e agasallos. Se queres participar o domingo 5 de Xuño achégate ata o CSCR de Beade co teu mellor licor de cereixa, un doce ou postre feito con esta froita, unha ornamentación en base a cereixa ou demostra que a túa produción é a mellor. xa sabes ven e proba sorte. 

A entrega de premios tamén terá lugar o mesmo día a cargo dun xurado moi especial, non o dubides e participa, tendo en conta as seguintes bases. 

  • Poderá participar neste concurso todas aquelas persoas que o desexen.
  • Trátase de presentar produtos deri¡vados da cereixa: como marmeladas, licores, cereixas en augardente, etc.
  • Os produtos presentados estarán debidamente envasados especificando as materias primas e nome do produto.
  • Os produtos terán un peso mínimo de 1kg ou 1L.
  • As mostras pasarán a ser propiedade deste Centro Social, que fará o uso que estime oportuno.
  • As mostras deberán ir acompañadas dun sobre branco, pechado, no que se introducirán, os datos do concursante.
  • A entrega destas mostras faranse antes das once da maña do día de clausúra, o 5 de xuño.
  • Outorgaranse tres premios:
    • 1º Premio: XOGO DE WHISKY.
    • 2º Premio: LICOREIRA.
    • 3º Premio: XOGO DE COPAS.

 

  • Poderán concursar todos os veciños de Beade coas cereixas das árbores da súa propiedade.
  • As mostras deberán ser de polo menos 2kg, que pasarán a ser propiedade deste Centro Social.
  • Deberán ser presentadas nun envase decoroso e adecuado, o cal será devolto ao seu dono unha vez producido o fallo do xurado.
  • As mostras deberán ir acompañadas dun sobre branco pechado, no que se introducirán os datos de cada concursante. Cada mostra só poderá participar nun concurso.
  • A entrega destas mostras a concurso, farase antes das once da maña do día de clausúra, o 5 de xuño.
  • Outorgaranse tres premios:
    • 1º Premio: MERLO DE OURO.
    • 2º Premi: MERLO DE PRATA
    • 3º Premio: MERLO DE BRONC

 

  • Poderán concursar todos os vecños/as de Beade coas cereixas das árbores da súa propiedade.
  • Terase en conta a calidade, o enxeño de presentación e  a ornamentación.
  • A entrega das mostras farase antes das once da maña do día de clausura o 5 de xuño.
  • As mostras irán acompañadas dun sobre branco e pechado no que se introducirán os datos do concursante. Cada mostra só poderá participar nun concurso.
  • Outorgaranse tres premios:
    • 1º Premio: CENTRO DE MESA DE CRISTAL.
    • 2º Premio: XOGO DE MACEDONIA.
    • 3º Premio: XERRA DE CRISTAL.

 

  • Poderán participar neste concurso que o desexe, excepto profesionais que o farán fóra do concurso.
  • Trátase de presentar unha peza de repostería que teña como ingrediente principal as cereixas.
  • O xurado valorará a calidadde tanto como a presenza.
  • O estilo e forma libre, e o seu peso non debe ser inferior a 1kg.
  • Cada mostra acompañarase dun sobre branco pechado no que se introducirán os datos persoais do concursante.
  • A presentación farase antes das once da maña do día de clausura, o día 5 de Xuño.
  • As mostras pasarán a ser propiedade deste Centro Social e Cultural.
  • Outorgaranse tres premios:
    • 1º Premio: BANDEXA GRANDE.
    • 2º Premio: BANDEXA MEDIANA.
    • 3º Premio: BANDEXA PEQUENA.