O AVCU-CSCR Beade dende 1985 celebra a Feira-Festa da Cereixa , unha festa gastronómica que conmemora a recolección e a recuperación deste cultivo nos nosos montes. Beade é unha gran productora de cereixas pero este traballo tradicional comezou a desaparecer co auxe da madeira de cerdeira. Por iso decidiuse rendirlle unha homenaxe cunha gran festa.

O seu cultivo é tradicional, constituíndo unha axuda para as economías familiares dos veciños e veciñas. A clase de froito máis común na parroquia é a cereixa de pico ou picuda, pero tamén danse outras variedades como a branca do cedo, a branca da tarde ou a negra tardía

 A gran repercusión obtida, obrigou a realizar novas edicións sendo hoxe en día unha das festas gastronómicas máis importantes do Concello de Vigo e arredores. Ao mesmo tempo leváronse a cabo xornadas técnicas que desembocaron na creación da Asociación de Promotores de Cereixas de Galicia, promotores de repoboación de 50.000 cerdeiras. 

Ademais das actividades gastronómicas e stands de venda de produtos, a organización prepara varias actividades culturais e de ocio, xunto con varios concursos e concertos para facer desta festa unha gran oportunidade para visitar a parroquia a principios do mes de Xuño. Un amplo programa de actos paralelos para mostrar con orgullo o noso simbolo que nos regala a natureza, a cereixa.