O AVCU-CSCR Beade dende 1985 celebra a Feira-Festa da Cereixa , unha festa gastronómica que conmemora a recolección e a recuperación deste cultivo nos nosos montes. Beade é unha gran productora de cereixas pero este traballo tradicional comezou a desaparecer co auxe da madeira de cerdeira. Por iso decidiuse rendirlle unha homenaxe cunha gran festa.

ler máis

Como todos os anos durante a Feira-Festa da Cereixa levaranse a cabo unha serie de concursos para que todos os que queiran participar nas distintas categorías poderán gañar grandes premios e agasallos. Se queres participar o domingo 3 de Xuño achégate ata o CSCR de Beade co teu mellor licor de cereixa, un doce ou postre feito con esta froita, unha ornamentación en base a cereixa ou demostra que a túa produción é a mellor. xa sabes ven e proba sorte. 

A entrega de premios tamén terá lugar o mesmo día a cargo dun xurado moi especial, non o dubides e participa, tendo en conta as seguintes bases. 

ler máis