O Día Internacinal da Muller conmemora a loita da muller para acadar a igualdade ante o home na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. No CSCR de Beade, a cargo do grupo de mulleres, celébrase a fin de semana do 8 de Marzo  unha serie de actividades culturais para celebrar este día, e así,homenaxear a todas a mulleres que son a base de moitas familias na paroquia. Obradoiros, exposicións de arte, obras de teatro, degustación de doces ou unha chocolatada con churros, son parte das actividades que podes encontrar neste día, no que todas as mulleres e homes están convidados a participar, para crear un clima no que as nosas diferenzas conseguen que a unión sexa máis forte.