domingo 27 de maio de 2018, a Asociación de veciños de Beade organiza a VII Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de Champion Chip Norte. Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A entrega do dorsal e chip farase o venres 25 e sábado 26 de maio de 10:00-13:00 e de 16.00-22:00h no Decatlhon de Vigo e nas instalacións da asociación de veciños de Beade o mesmo día da carreira de 9:00h a 10:00h.

O prezo de cada inscrición será de 8€ (aberta ata o 25 de maio). En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo  a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal. Haberá avituaallamento en 5km aproximadamnete e ao finalizar a carreira. Será imprencindible levar posto o dorsal para recibir avituallamento. 

O control de tráfico no recorrido corresponde á Policía Local.

 Establécense as seguinte categorías:

FEMININAS MASCULINAS ANO DE NACEMENTO
F-0 M-0 Entre 1999-2002 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1979-1998 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1969-1978 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1959-1968 (ambos incluídos)
F-4 M-4 1958 ou anteriores

 

A organización porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas no colexio Coutada-Beade e aparcadoiro en dito centro ata as 9:45h, a partir desa hora nos arredores da igrexa. 

As carreiras dos nenos e nenas serán a partir das 11:30h

CATEGORÍAS  
Alevín 2007-2008
Infantil 2005-2006
Cadete 2004-2003
   

Inscrición: Na secretatia do CSCR de Beade e na web https://championchipnorte.com/evento/inscribirme/id/1490/vii-carrera-popular-fiesta-de-la-cereza-run-run-vigo 

Máis información: https://championchipnorte.com 

Colaboración: