O domingo 28 de maio de 2017, a Asociación de veciños de Beade organiza a VI Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de Champion Chip Norte. Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo  a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

A entrega do dorsal e chip farase o sábado 27 de maio de 17:30h a 21:00h nas instalacións da asociación de veciños de Beade, e o mesmo día da carreira de 9:00h a 10:00h.

O prezo de cada inscrición será de 8€ (aberta ata o 24 de maio áss 20:00h). En ningún caso se devolverá o importe da inscrición. Estas se efectuarán no Centro Cultural de Beade ou na páxina: 

https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1150/vi-carreira-da-cereixa-run-run-vigo

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal. Haberá avituaallamento en 5km aproximadamnete e ao finalizar a carreira. Será imprencindible levar posto o dorsal para recibir avituallamento. 

O control de tráfico no recorrido corresponde á Policía Local.

 Establécense as seguinte categorías:

FEMININAS MASCULINAS ANO DE NACEMENTO
F-0 M-0 Entre 1998-2001 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1978-197 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1968-1977 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1958-1967 (ambos incluídos)
F-4 M-4 1957 ou anteriores

 

A organización porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas no colexio Coutada-Beade e aparcadoiro en dito centro ata as 9:45h, a partir desa hora nos arredores da igrexa. 

As carreiras dos nenos e nenas serán a partir das 11:30h. Levarase a cabo para os rapaces e rapazas nados entre os anos 2008 a 2003 (ambos inclusive), que terán que recorrer unha distancia de 4.200 metros. De 2009 e anos posteriores poderán correr acompañados por algún familiar, unha distancia de 1200 metros. Recibirán trofeo os tres primeiros nenos de cada categoría.

Para máis información: https://championchipnorte.com/uploads/eventos/reglamento-58edc6ef1309a2.06624833.pdf