O domingo 28 de maio de 2017, a Asociación de veciños de Beade organiza a VI Carreira Popular da "Festa da Cereixa". Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de Champion Chip Norte. Carreira pertencente ao circuito de carreiras populares do Concello de Vigo. 

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que recorrerán as categorías dende xuvenil ata veteráns (femeninos e masculinos).

A organización dispón de seguro de responsabilidade civil segundo  a lexislación vixene. Todos os participantes non federados disporán dun seguro de accidente, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

A entrega do dorsal e chip farase o sábado 27 de maio de 17:30h a 21:00h nas instalacións da asociación de veciños de Beade, e o mesmo día da carreira de 9:00h a 10:00h.

Leer más...

O 22 de maio de 2016, a AVCU-CSCR de Beade organizou a V Carreira popular “Festa da Cereixa” que este ano encóntrase dentro das carreriras populares da Run Run Vigo , grazas a a colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de Running solutions. A proba ten unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, realizando dúas voltas polas estradas principais da parroquia de Beade. Dará comezo ás 10:30 onde máis de 300 participantes compiten nas distintas categorías que se poden presentar, dende os máis pequenos ata os veteranos.O prezo da inscrición ronda os 7€ ata o 30 de Abril e 10€ do 1 ao 18 de maio, outorgando os primeiros inscritos unha camiseta de balde.

Leer más...