O Grupo de Teatro Os Remolóns naceu no ano 2013 debido a gran acollida das primeiras representacións da agrupación infantil e do aumento dos integrantes. Actualmente está formado por doce rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 14 e 22 anos. 

  

O seu primeiro estreo foi no 2013 coa obra Tocando Fondo, onde nos mergullamos na crise económica mundial e o acoso escolar. Máis adiante realizou contacontos e clown para os máis cativos. No ano 2014 xunto co Grupo de Teatro Pantuflas Verdes representaron as obras ¡¡¡Con dos pares de narices!!! e Un samaín... de risa. Un ano máis tarde, 2015, ambos grupos de novo representaron La noche de Morticio. Por último o 24 de Abril de 2016 estrearon con gran éxito Pistoleando, una de Gangsters, onde viaxamos a época das mafias e cabaret da lei seca dos Estados Unidos. 

Todas as obras foron realizadas a partir de improvisacións dos propios actores e actrices, e sendo representadas en diferentes centros culturais, centros cívicos, certames teatrais, institutos e residencias de maiores, baixo a dirección de Mónica Costas. 

Se queres seguir e obter máis información deste Grupo de Teatro podes facelo nas súas redes sociais de Facebook e Twitter: