O Grupo de Teatro Pantuflas Verdes nace no ano 2012, formado por rapaces e rapazas da parroquia de Beade e arredores. A primeira obra que representaron foi Retales, un conxunto de sketches que foi estreada o mesmo ano da súa formación. Debido a gran acollida uníronse máis compoñentes dando lugar a separación por idades e a aparición do Grupo Teatral xuvenil, Os Remolóns.

No 2013 Pantuflas Verdes representou Los piratas y la leyenda del dragón e El bosque oscuro, un ano despois xunto cos Remolóns levou a cabo as obras ¡¡¡Con dos pares de narices!!! e Un samaín... de risa, e no 2015 La noche de Morticio. 

 Todas estas obras caracterízanse de que foron realizadas a partir de improvisacións feitas polos propios actores e actrices, e representadas en diferentes lugares como centros culturales, centros cívicos, certames teatrais, institutos e residencias de maiores, baixo a direción de Mónica Costas.