A presentación inicial do grupo de Cantareiras A volta do Demo tivo lugar na XII Festa-Feira da Cereixa celebrada no ano 1997. A agrupación constaba de dous grupos en función das idades, os máis cativos constituíanno  40 compoñentes de idades comprendidas entre os 9 e 16 anos e o de maiores formábano 18 compoñentes maiores de idade. Actualmente consta de 40 compoñentes baixo a dirección de Leni Pérez.

A liña do grupo está enfocado á recuperación dos cantares, poidendo estes ser interpretados sen acompañamento musical ou acompañados de panderetas e outros instrumentos de percusión propios da zona como: as cunchas, botellas de anís, triángulos, etc. En ocasións, tamén contan coa colaboración de algún gaiteiro ou percusionista membros do Grupo de Gaitas Arume.

O seu repertorio consta de todo tipode ritmos cantados propios da tradición galega, recuperados de distintos puntos de Galicia sobre todo da provincia de Pontevedra. Así, noseu repertorio podemos encontrar ritmos de pasodobles, valses, xotas, muiñeiras, ribeiranas, cantos de Nadal, xogos, sachadas, entre outros. Todos estes cantares trasládanos ao tempo no que en Galicia vivián cantando durante as tarefas do campo, nos teares, nas lavandeiras do río e nas romarías. Cada momento do día ten o seu cantar. 

Este grupo de artistas intenta expresar ese sentimento do noso pobo, para que siga vivo, recuperando dos nosos vellos os seus canteres de xuventude, mantendo o máis posible as versións orixinais. 

Dende a súa fundación este grupo ten representacións ao longo do ano en diferentes centros culturais da propia cidade, ou da comarca;en seráns ou en festivais folclóricos, de maneira individual ou compartindo escenario co grupo de baile ou de gaitas do propio CSCR de Beade.