Gaiteiros ARUME está composto por gaitas, tambores, pandereteiras e cunchas, unha serie de instrumentos musicais populares galegos, que deu a luz na metade da década dos oitenta, para conservar, difundir e ampliar humildemente a cultura musical da nosa terra, dende unha entidade veciñal e cultural da parroquia de Beade. 

O abanico de instrumentos empregados no proxecto manteñen a estética dos clásicos gaiteiros respectando o noso folclore tradicional, está dirixido polo mestre Xosé Manuel Oliveira que continua co soño do fundador Nazareo González "Moxenas". 

Os Gaiteiro Arume, leva o nome de Beade polos escenarios nacionais e máis alá das nosas fronteiras, onde se demanda a súa presenza e suma infinidade de actuacións nos anos de existencia como agrupación, unhas veces como formación exclusica, e outras como acompañante musical do grupo de baile do Centro Semente da arte galega

Actualmente a agrupación está formada aproximadamente por cincuenta compoñentes, cun amplo rango de idades, os cales van crecendo día a día como mestres e iconas da tradición galega.