A Banda de cornetas, gaitas e tambores Ría de Vigo, é a agrupación máis nova dentro do organigrama do CSCR. Nace con moita forza e cos maiores desexos de facerse cun posto moi alto dentro do panorama musical da terra.

 A súa primeira actuación data do ano 1999 nunha das edicións da Festa dos Callos, celebrada na parroquia de Beade, que serviu de presentación cara todos os assitentes. Dende entón veñen medrando en número de compoñenetes, en instrumentación e por suposto en calidade. A día de hoxe conta con vinte compoñentes de idades comprendidas entre os 15 e os 70 anos, demostrando unha vez máis que non hai barreiras á hora de disfrutar do arte musical.

  Este grupo heteroxéneo composto por unha isntrumentalización moi variada (gaitas, cornetas, tambores, bombos, platillos e lira), foi dirixido nos seus inicios por Emilio Villanueva González, sucedido por José Luis Pérez, que durante dous anos conduce as actuacións, dá formación, e incorpora a trompeta como instrumentos principal. Despois a Banda Ría de Vigo actúa baixo a dirección de Jose Luis Figueroa, e actualmente por Javier Freiría, o cal marca un novo cambio no estilo musical presentado ata o momento. 

 Desde o seu arranque, a Banda ten actuado en numerosas ocasións e celebracións, destacando en procesións, pasarrúas, e desfiles de todo tipo, sen  deixar de nomear as clásicas en auditorios e recintos pechados. Podemos gozar da súa participación cada ano no pasarrúas da Festa Festa da Cereixa de Beade, o desfile na apertura de actos na Festa do Monte no parque forestal de Beade, en cada edición da Festa Parroquial de Sta. Ana, e nas procesións de Semana Santa e na Festa de Reconquista de Vigo.