Uns meses antes da chegada do Entroido, festa pagana de troula e cor polas rúas, toca dar renda solta á imaxinación e crear unha idea nova e creativa para comezar a traballar e preparar todo o necesario para a Comparsa. 

     

Nos últimos tres anos esta agrupación caracterizouse en grandes cantantes e músicos de todos os tempos, foron membros dunha tribo africana, desfilaron como grandes damas e cabaleiros da corte co Pantasma da Ópera ou como personaxes do Xorobado de Notre Dame. Custumizando os seus propios traxes, coreografías e carrozas para dar un gran espectáculo nos desfiles da cidade de Vigo, Gondomar, Baiona ou Bembrive. Nos que todos os anos acadan varios premios grazas a súa orixinalidade e gran participación. Está conformada por máis de cen persoas de todas as idades, baixo a direción de Maribel Novoa.