Tes entre 5 e 12 anos e queres ser un dos nosos e nosas peques reposteiros e reposterias, pois xa estas tardando para reservar a túa praza nos Obradoiros de Repostería Creativa. Son dous sábados ao mes con opción de dous horarios, de 10:00-12:00h ou 12:00-14:00h. En grupos reducidos aprenderán un móntón de técnicas e receitas para os máis golosos paladares.

Os materiais están incluídos no prezo e levarán o que cociñen para casa, así que non esquezas o teu tupper e o mandil para non ir cheo de fariña ou chocolate. Se queres máis información ponte en contacto con nós na nosa secretaria.