O próximo sábado 1 de Outubro debido á celebración do Festival Folclórico a partir das 17:30 ata ás 19:00h na Ludoteca do AVCU-CSCR Beade levarase a cabo un Obradoiro Infantil onde os máis pequenos introduciránse na nosa cultura musical e realizarán unha manualidade que poderán levar a casa. 

Esta actividade é totalmente GRATUÍTA e os participantes deben estar inscritos previamente na secretaria do CSCR de Beade. 

Se tes entre 3 e 12 anos podes participar neste evento e despois xunto aos teus pais/nais poderás asistir as actuacións no auditorio do CSCR de Beade onde disfrutaremos de:

  • XX Aniversario das do conxunto de Pandereteiras a Volta do Demo do CSCR de Beade.
  • Actuación do Grupo de Baile Semente da Arte Galega acompañada do Grupo de Gaitas Arume do CSCR de Beade.
  • Agrupación o Castro de Figueiras de Santiago de Compostela.
  • Rancho Folclórico Danças e Cantares de Paço de Arcos de Valdevez (Portugal).