Nos meses de vacacións de verán ten lugar o Campamento de verán do AVCU-CSCR Beade. Realizaremos obradoiros de manualidades e cociña, xogos, actividades deportivas, sesións de cine, festas temáticas, concursos... un conxunto de actividades lúdicas e dinámicas que esperamos que sexan do agrado dos máis cativos.

Dará comezo cas vacacións nos nenos e nenas a partir de xuño ata setembro de 9:30 - 13:30h con aula matinal dende ás 8:30 e ata ás 14:30h. A inscrición pode realizarse de maneira quincenal ou mensual, se tes dúbidas informate na secretaria do CSCR de Beade.