Os venres de 16:00 a 20:00h a partir do 13 de Abril os cativos de entre 3 e 12 anos podes vir ata a ludoteca do CSCR de Beade para xogar cos xoguetes, pintar, facer quebracabezas, xogos de mesa... Servizo gratuíto para os socios/as 5€ a tarde non socios/as. 

 Tes entre 5 e 12 anos e queres ser un dos nosos e nosas peques reposteiros e reposterias, pois xa estas tardando para reservar a túa praza nos Obradoiros de Repostería Creativa. Son tres sábados ao mes con opción de dous horarios, de 10:00-12:00h ou 12:00-14:00h. En grupos reducidos aprenderán un móntón de técnicas e receitas para os máis golosos paladares.

Os materiais están incluídos no prezo e levarán o que cociñen para casa, así que non esquezas o teu tupper e o mandil para non ir cheo de fariña ou chocolate. Se queres máis información ponte en contacto con nós na nosa secretaria.

 Durante as vacación de Nadal podes vir ao noso Campamento, onde faremos manualidades, obradoiros de cociña, xogos, sesións de cine, cotillón Pre-Fin de Ano, merendola, e moitas cousas máis, nas que poden participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

 Se estas aburrida ou aburrido na casa e queres pasalo en grande durante o Nadal, non o dubides e reserva a túa praza, contamos con horario matinal dende ás 8:30h ata as 14:30h, sendo as actividades xerais a partir das 9:30h ata ás 13:30h. Inscricións na secretaria do CSCR de  Beade. 

O sábado máis próximo á noite de Samaín celebramos na ludoteca do CSCR de Beade esta terrorífica data.

Maquillaxe terrorífico, contacontos, xogos e facer a túa propia cabaza, serán algunhas das cousas que te esperan ao longo da mañá chea de diversión e ledicia para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.

Se queres participar só debes  inscribirte previamente na secretaría do CSCR de Beade e o día do obradoiro debes traer unha calabaza para vaciala e decorala.

 


Cando se celebra a Festa do Socio no Centro Cultural de Beade, na ludoteca lévanse a cabo a cabo  actividades, xogos, manualidades, globofexia, pintacaras... para os máis cativos. Así disfrutaran de a festa os maiores e o pequenos da casa. Se queres achegar aos teus fillos e fillas ao longo da maña deberás cubrir unha inscrición que podes conseguir previamente na secretaría do CSCR de Beade. 

 

Nos meses de vacacións de verán ten lugar o Campamento de verán do AVCU-CSCR Beade. Realizaremos obradoiros de manualidades e cociña, xogos, actividades deportivas, sesións de cine, festas temáticas, concursos... un conxunto de actividades lúdicas e dinámicas que esperamos que sexan do agrado dos máis cativos.

Dará comezo cas vacacións nos nenos e nenas a partir de xuño ata setembro de 9:30 - 13:30h con aula matinal dende ás 8:30 e ata ás 14:30h. A inscrición pode realizarse de maneira quincenal ou mensual, se tes dúbidas informate na secretaria do CSCR de Beade.