O domingo 21 de Maio ás 19:00h terá lugar o Festival de Baile Moderno do CSCR de Beade para mostrar as coreografías traballadas ao longo do ano. 

Nel participarán:

- O Grupo de Danza As Sereas do C.C.A.R. Valladares

- Os Grupos de Baile Moderno do CSCR de Beade

 

  O xoves 29 de Decembro tes unha cita coa danza no CSCR de Beade, xa que a partir das 19:00h poderás disfrutar da actuación dos  grupos de Ballet e Danza do CSCR de Beade.

 De seguido ás 20:00h o grupo Media Punta tamén asombrará aos maiores e pequenos cos seus bailes cheos de colorido e movemento.

VEN E MÉRGULLATE COS NOSOS E NOSAS ARTISTAS 

   O venres 23 de Decembro terá lugar o Concerto de Nadal da Banda Escola de Música de Beade co acompañamento do Coro       da Escola Municipal de música de Vigo.

Achégate ao CSCR de Beade a partir das 20:30h para disfrutar da música no comezo deste Nadal. 

  O próximo Sábado día 10 de Decembro ven ao CSCR de Beade que contará coa seguinte programación cultural:

 Ás 19:30h Concerto do grupo de Cordas Clásicas do CSCR de Beade.

 ÁS 20:00h Actuación do humorista Fredi Cruxer e o Mago Deime. No intermedio sortearase 10 paquetes de Nadal entre os socios e  socias.

 NON QUEDES NA CASA, VEN E APROVEITA A TARDE!

Página 1 de 2